venres, 28 de marzo de 2014

Unha receita con ovos...

Onte fixemos un rico biscoito...Maruxa deixounos unha receita na clase para elaborar unha comida que levase ovos, e que a fixeramos

entre todos e todas, xa que estamos descubrindo as mil e unha formas de como se comen os ovos, xa que cociñar pitiños non nos apetece moito jijij!!!
Somos uns grandes axudantes e pasámolo tan ben, e o resultado foi tan espectacular que sen dúbida repetiremos as nosas dotes de pequenos e pequenas chefs.
Deixámosvos unha presentación do proceso, e como non a receita... Pedide axuda na casa que ben seguro guiaránvos de marabilla!!









venres, 21 de marzo de 2014

Ovos e máis ovos!!

Hoxe na clase estivemos analizando unha chea de ovos que nos trouxeron as compañeiras Lorena e Raquel. Tiñamos ovos de oca, de galiña, de quica e de codorniz. Primeiro comparamos a cor, a dureza e os tamaños (grande, mediano, pequeno) Despois abrimos un para ver como era por dentro. O luns faremos un estudo pormenorizado das partes dos ovos ;) Xa vos contaremos. Boa fin de semana!!






martes, 18 de marzo de 2014

Pintamos ovos para chocar...

Sabedes que os pitiños tardan 21 días en sair dos ovos? Esta semana pintamos ovos para que a nosa galiña Carolina os aniñe ;)
                          
                               






domingo, 16 de marzo de 2014

Ensinamos ao Polo Pepe aos compis de 4 años

Cando Íker trouxo ao seu Polo Pepe, estábamos moi emocionad@s e fomos correndo  a enseñarllo aos nos os compis de 4 años. Alí puxemos en común o que sabiamos e eles tamén nos contaron cousiñas. Despois lemoslle o conto de Cocorico, un pitiño moi lambón que escapaba do gato pelado. Ao rematar ese conto, lemos un conto precioso que fixo Miguel coa súa familia, " El pollito Pepito". Desfrutamos moito compartindo esta visita!!
                      

Saída a un galiñeiro especial ;)

Xa imos aprendendo moitas cousiñas dos nosos amigos os pitiños... Este venres, fomos ver como son os espazos donde viven. Manuel, que vive moi pretiño do cole, levounos á súa casa a ver o seu galiñeiro.
Levamos unha gran sorpresa porque ademáis do seu galiñeiro, puidemos ver a infinidade de paxaros que ten, acariñar aos coelliños e ver dúas tartarugas moi lambonas as que lle encantaba o xamón cocido. 
Manuel e Sonia, os seus papás, aínda gardaban outra sorpresa, un delicioso biscoito e zume para merendar. Moitas grazas por todo!! Pasámolo xenial!!








venres, 14 de marzo de 2014

Proxecto "O Pitiño"

Despois das vacacións de entroido, empezamos de cheo cun novo proxecto sobre un animal moi tenro: o pitiño. Empezamos facendo unha sondaxe do que xa sabiamos, do que queriamos saber e como iamos atopar a información...

Pedimos a vosa colaboración, entón o noso recuncho do pitiño, comezou a encherse de moitísimas cousas interesantes que nos axudarán na nosa aprendizaxe...

É o mellor de todo foi a visita de tres pitiños que nos trouxeron Íker, Lorena e Raquel. Cos pitiños de compañeiros de clase, aprendemos moito e resolvemos algunha dúbida; por exemplo se tiñan dentes, comprobamos que non
 aínda que Íker sostén que os pitos do avó Paco teñen dentes :)


Seguiremos contándovos máis cousiñas destaca nova aventura!!








mércores, 12 de marzo de 2014

Arrancamos motores!!

Empezamos a andaina no mundo blogueiro!! E que mellor maneira que presentándovos a Maruxa a Curuxa. Algúns de vós xa escoitaríades falar algunha vez dela, e senón xa vos poñemos ao día ;)
Maruxa e a nosa mascota da clase, a sua historia e ben tristeira pero cun final feliz. Maruxa fuxiu da fraga o de vivía este pasado verán, porque un terrible incendio acabou coa súa casiña que era un carballo.Todos os seus amigos e amigas Nonpuideron escapar, ela puido salvarse porque esa noite estaba esperta,  e saiu voando a toda velocidade, sen poder facer nada para salvar aos seus amig@s. Ela foi vivir ao monte de Randufe, ao lado do cole, e un día pediulle á profe Carmen se podía ir vivir cos seus nenos e nenas, ao calorciño da calefacción e escoitando as cousas maravillosas que pasan na escola. Ela a cambio, como e moi sabia, cóntanos moitas cousas e axúdanos nas nosas investigacións. Estamos encantad@s coa nosa nova amiga!!
Aquí vos deixamos a Curuxa con Paula , que esta fin de semana teceu unha mantiña para Maruxa, coa axuda da súa nai. Grazas :)