martes, 13 de maio de 2014

O noso primeiro Correlingua

Onte fomos ao noso primeiro Correlingua, a festa da nosa lingua, que onte encheu as rúas de Tui invitando a todo o mundo a falar en Galego.
O momento do autobús sempre nos encanta, imos emocionad@s... E despois,  mentras non saía a carreira, xogamos e merendamos no parque o biscoito do cumple de Sharay.
Alí, na área panorámica, nun poirento chan e un sol que arreciaba, preparábanos para o espectáculo.  Escoitamos palabras en defensa da nosa lingua, porque sen dúbida, temos un tesouro que non debemos deixar no esquecemento, por eso o eslogan de este ano era "Galego, o paso adiante"
Unhas rapazas do Ies de Salvaterra, bailáronnos unha peza tradicional e despois cheguo a música, rock en galego moi, moi divertida, que nos fixo bailar sen parar,... Ata Maruxa, que foi con nós, bailou!!!
 Sen dúbida, pasámolo moi ben e puxemos unha pequena miguiña para que respectemos e acariñemos o Galego como a nosa lingua. premede no enlace e veredes que ben o pasamos!!

Correlingua2014

luns, 12 de maio de 2014

Sharay cumpriu 4!!

E seguimos co maio festeiro, hoxe celebramos o cumple de Sharay que xa ten catro aniños!! Sopramos as candeas e marchamos correndo ao Correlingua, pero demos boa conta do biscoito merendando no parque da Corredoira, e encheunos de enerxía para cantar e bailar. Felicidades Amiguiña foi un cumple xenial!!

venres, 9 de maio de 2014

Cumple dobre!!

Levamos un maio ben festeiro!! Hoxe estiveron de cumple Lorena e Raquel que xa teñen 4!!
Comemos dúas deliciosas tortas de noces que nos encantaron... Aquí vos deixamos as fotiños ;)
Parabéns amigas!!





xoves, 8 de maio de 2014

Area!

O noso areeiro, andaba un pouco escaso de area, ademáis como todos e todas temos gañas de atopar un tesouro, temos todo cheíño de buratos :)
Hoxe trouxéronnos dous camións de area enoooormes!!
Como mellor aprendemos e observando a realidade, e se nos metemos de cheo nela moito mellor, decidimos aproveitar esta ocasión.
Mirade o que afianzamos nesta actividade improvisada:
O camión tiña rodas círculo, ía para diante e para atras, eran tres traballadores,co mono azul, caldeiros e carretillos cheos e baleiros, aprender a respectar a quenda, traballar en grupo e colaborar no enchido dos caldeiros e carretillos; e o moito que nos rimos, o mellor :)
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que ben o pasamos, ademáis de sentirmos que tamén podemos axudar e ser utéis ;)







Ovos azuis...


A nosa amiga Raquel trouxo ao cole unha cousa que case ningún de nós vira antes...Un niño con ovos azuis!!
Non eran ovos como os que coñecemos,eran pequeniños e azuis, empezamos a falar como poderían ser os paxaros que había dentro... azuis claro, de plumas de cores como os pavos reais, curuxas azuis, paxaros robot, pazaros con aás azuis e corpo de robot, demasiada ciencia ficción para un oviños tan pequenos...Necestabamos a axuda dun experto e a profe foi falar co profe Suso, que é o que máis sabe de natureza do mundo enteiro!!... Resulta que eses ovos eran de merla, unha especie moi común na nosa terra, pero tamén nos dixo que os niños non deben collerse, porque despois as mamás paxaro xa non queren os seus oviños. 
Aínda que nos gustou moito ver un niño en directo, tamén aprendemos que hai q respectar a casiña dos animais que nos rodean.
Biquiños curuxeiros!!




luns, 5 de maio de 2014

Hoxe Breixo fixo 4!!


O noso compi-superheroe-Breixo estivo de cumple. Súa nai fíxonos un biscoito do que deixamos só o molde!! Estaba delicius, como diría Dora exploradora!! Aquí vos deixamos as fotos para q vexades que ben o pasamos. Biquiños Breixo!!