venres, 19 de decembro de 2014

Unha visita especial

Hoxe tivemos unhs visita superrr!! Un axudante de papa noel viu visitarnos... Traíanos uns agasallos para compartir con nós, fíxonos moita ilusión a súa visita 😃
Aproveito para felicitarvos as festas, esperando que o novo ano veña cargadiño de todo aquilo que desexedes e coidado!! As veces os soños fanse realidade... Moitos bicos agarimosos da curuxa Maruxa.





























































luns, 15 de decembro de 2014

O santo de Lucía

Lucía tiña moitas ganas de compartir un pastel cos seus compis, por iso aproveitou que era o se santo para facelo. Comemos un delicioso biscoito que fixo coa súa nai. Estaba incriblemente delicioso!! Esperamos que pasases un gran día!! Merécelo!!

NOELA

A nosa amiga Noela xa cumpliu catro, era a única que quedaba por facelo :)
O seu aniversario xa foi o 5 de decembro, pero a profe co fin de curso anda a cien por hora pufff! Como somos tod@s tan festexeir@s, pasámolo fenomenal. Parabéns amiga!!

luns, 1 de decembro de 2014

Parabéns Manuel!!

Hoxe Manuel cumpriu catro anos... Como crecen estes pequenos!! Aínda parece q foi onte cando a súa irmá Claudia o presentou na clase con só unhas semanas... E agora é todo un experto en cadenas, cordas, máquinas e todo o que se poida desmontar jijij... Moitas felicidades compi!!