Este verán Aarón cumplirá 5 anos e Leire mañá, como maña temos un día moi axeteadro hoxe celebramos a festa cos amigos e amigas que tamén cumplen no verán. Foi unhafesta xenial!!
xoves, 18 de xuño de 2015
mércores, 17 de xuño de 2015
Indiana Bill!!
Aqui vos deixamos unhas fotiños do día de hoxe. Mirade que ben o pasamos!! E o cansadiñ@s que estabamos ao rematar...
mércores, 13 de maio de 2015
Sharay xa ten 5!!
Sharay xa ten 5 anos e celebrámolo a tope!! Levamos unha semana ben festeira!! Como nos gusta a troula e o biscoito!! Grazas amiga por a supercelebración!!
martes, 12 de maio de 2015
Correlingua 2015
Hoxe celebramos o noso segundo Correlingua. A semana pasada xa nos preparamos para o evento quitando fotos con palabras que eliximos en galego, palabras que nos gustaban, que nos soaban ben... porque o galego mola, é noso e temos que coidalo como un gran tesouro.
Esta mañá puxemos rumbo a Tomiño donde se celebraba a festa do galego... Bailamos ao son do grupo "Sacha na horta" que nos animou coas súas divertidas cancións, pasámolo fenomenal!
domingo, 10 de maio de 2015
Lorena e Raquel
Como se dúas xemelgas se tratase, as nosas amigüiñas Raquel e Lorena sopraron as candeas xuntiñas. Compartiron connosco unhas deliciosas tortas de amorodos riquisímassss... Parabéns mozas!! Seguro que foi un cumple dobremente divertido!!
martes, 5 de maio de 2015
Breixo xa ten 5!!
O noso compi Breixo xa ten 5 anos!! E como nos gusta tanto comer, demos conta dunha deliciosa coca con un rico sabor a canela...Ummmm!! E iso que xa comeramos madalenas!! Esperamos que pasases un día a xenial!! Parabéns amigo!!
xoves, 16 de abril de 2015
PAULA
O cumple de Paula foi en febreiro, pero xusto ese día estropeouse a aplicacion para o blogue e a curuxa estivo sen poder usar o blogue todo este tempo. Paula cumpliu 5 e celebrouno con todos nos cunha tarta de lacasitos!! Paula, a curuxa pideche perdón por non por antes as tuas fotiños...
Lucía xa ten 5!!
A nosa compi Lucía xa ten 5 aniños, e celebrámolo cunha tarta superchocolatada q nos encantou!! Desfruta do teu día compi!!
Desculpas...
Estes últimos meses a curuxa estivo moi ocupada e coa tablet estropeada, por eso non había publicacións. Pídovos desculpas e volvemos!!
luns, 9 de febreiro de 2015
Chocolate suizo!!
Hoxe tivemos tamén un momento moi, moi doce... O noso compi íker foi a Suiza a visitar ao seu tío Fran, e alí lembrouse de nós... O primeiro que nos quixo traer foi un trailer cheo de neve, porque alí hai moita, moita, máis que na Cañiza como dixo algún compi ( jijijijij), pero claro, iso do trailer non era posible, entón trouxo algo que a tod@s nos chifla CHOCOLATE!! auténtico chocolate suizo para compartir con tod@s nós. Grazas compi!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)