luns, 9 de febreiro de 2015

Chocolate suizo!!

Hoxe tivemos tamén un momento moi, moi doce... O noso compi íker foi a Suiza a visitar ao seu tío Fran, e alí lembrouse de nós... O primeiro que nos quixo traer foi un trailer cheo de neve, porque alí hai moita, moita, máis que na Cañiza como dixo algún compi ( jijijijij), pero claro, iso do trailer non era posible, entón trouxo algo que a tod@s nos chifla CHOCOLATE!! auténtico chocolate suizo para compartir con tod@s nós. Grazas compi!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario