venres, 20 de xuño de 2014

Vacacións!!

Hoxe chegaron as vacacións!! A verdade xa estabamos un pouquiño cans@s e xa non había forma de acougar e traballar e xogar tranquil@s. A profe xa andaba toliña, pero recoñece que foi un curso reconfortante, despois dun primeiro trimestre duro, agora dase conta que o esforzo mereceu a pena, e que aqueles 20 nenos e nenas que chegaron e se fartaron de chorar, agora son uns nenos e nenas máis madur@s, independentes e con moitísimas ganas de aprender. Por todo isto, os 22, merecemos pasar un bo verán :) e coller moitas forzas para empezar en setembro a tope mogollón!!
Moitos biquiños a todos e todas e felices vacacións!!
A CURUXA MARUXA



Ema e Mateo

Hoxe despedímonos de Ema e Mateo, os nosos mellizos favoritos. Eles marchan vivir a outro sitio e xa non virán ao noso cole. Esperamos que sexan moi felices cos seus novos amiguiños e que nos visiten algunha vez. Botarémosvos de menos!!
Ata sempre compis!!



Cumples de verán!!

Os nosos compis Aarón e Leire cumplen no verán e non queriamos perdernos a festa jijij!! Por eso ontes celebramos os cumples dos nenos e nenas de infantil que cumplen cando non hay cole. Pasámolo xenial,e agradecemos as mamis d@s cumpleañeir@s as cousas tan ricas que nos fixeron. 
Parabéns adiantados amiguiñ@s!!


sábado, 7 de xuño de 2014

Lolita


Noela levaba tempo falándonos de Lolita, a cadeliña que lle regalaron o seu padriño e o seu tío, e como andaba tan entusiasmada decidimos que queriamos coñecer a súa mascota. Rebeca a súa mamá, trouxonola esta maña, e aínda que ao principio se asustou un pouco, despois xa se afixo a nós É unha cadela ben boa!!Gustáronnos moito todos os seus complementos rosas!! Noela contounos que come, donde durme e que fai cando fai cacolas na rúa... Aprender d@s compis é a mellor lección!! Encantounos esta visita especial!!



xoves, 5 de xuño de 2014

Ánimo amigo!!

O noso  compi Anxo está no hospital porque operáronno onte. A súa mamá Fina, contoulle a profe que foi un campión, e que a Curuxa Maruxa está coidandoo moito, aínda que xa sabiamos que é un mozo moi valiente. Dende o cole mandámoslle milleiros de biquiños curativos!! Xa temos ganas de verte!! Apertas gordasssss!!



mércores, 4 de xuño de 2014

Fixemos macedonia e comemos sandía!!!

Como chegou o bo tempo, alomenos algúns días, aproveitamos para facer unha merenda saudable na que todos os nenos e neas de infantil participamos, lavamos, cortamos, fixemos zume, mezclamos e servimos... Somos uns auténtic@s chefs!!!

martes, 3 de xuño de 2014

Aniversario doble!!


Hoxe tivemos festa doble... Doble canción, doble coroa e doble merenda!! Ema e Mateo, os nosos compis, estiveron de aniversario!! Desexámosvos moitas felicidades!!




Volvemos coa vaca!!

Tras ter superado algún que outro contratempo técnico, volvemos para contarvos todo o que fixemos estas semanas. Xa sabedes a nosa predilección polos animais e por eso voltamos estar moi ilusionad@s con este proxecto da vaca. Xa coñecemos moitas cousas, pero aproveitamos para entrar a fondo na vida deste entrañable animal. Deixámosvos as fotos do noso recuncho e algunhas actividades que fixemos estos días. Muuuuuuuacccsss!!