martes, 25 de novembro de 2014

Arturo e Clementina...

Hoxe tratamos un pouquiño de traballar a igualdade entre homes e mulleres, pois celebramos o dia contra a violencia de xénero. Nos aínda somos un pouco pequen@ss para comprender algunhas cousas que suceden cada día  no mundo, pero podemos darlle sentido a través dos contos, por iso hoxe traballamos co conto "Arturo e Clementina".  Falamos e reflexionamos dalgúns comportamentos que vimos no conto, e entendemos prefectamente que o que facía Arturo a Clementina non nos gustaba. Despois coloreamos á tartaruga Clementina e falamos sobre o mural que a profe pintaba, que representaba e a importancia de dar abrazos e non tortazos. Traballando a igualdade entre mulleres e homes aprendemos a poñernos no lugar dos demáis, tan importante para crecer por dentro.
Deixámosvos o video do conto e de como traballamos neste día.











venres, 21 de novembro de 2014

Iván cumpriu 4!!

E outra vez de celebración!! Co pouco que nos gusta a festa jiji!! Hoxe axudamos a soprar a Ivanchu, como cariñosamente lle chamamos ao noso amigo, e compartiu con nos unha deliciosa tarta de chocolate!! Ummm... Esperamos que disfrutes do teu día, biquiños...


xoves, 20 de novembro de 2014

Teatro das laranxas máis laranxas...

Seis actores  e actrices músicos, unha banda que improvisa jazz, música tradicional e moitas, moitas risas!! Iso foi o que vivimos hoxe na saída ao teatro, da man do Centro Dramático Galego, coa obra "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Non pestanexamos en toda a obra e aplaudimos moito, moito. 
Hoxe ben seguro que naceu un pouquiño de amor ao teatro.  Deixámosvos un anaquiño deste estupendo día!! 


xoves, 13 de novembro de 2014

ÍKER xa ten 4!!!

E seguimos celebrando os aniversarios dos compis!! Hoxe cumpriu Íker, que viña preparadísimo para a festa ( como sempre jijij) Compartiu un biscoito que cociñou coa súa nai; era moi esponxoso e sabía laranxa ummmmm... Moitas felicidades amiguiño!!



luns, 3 de novembro de 2014

Celia cumpriu 4!!

Como pasa o tempo!! Celia cumpriu catro aniños e celebrámolo tod@s xunt@s cun delicioso brownie que fixo a súa nai María. Estaba tan rico e sabía tantísimo a chocolate, que nos chupamos os dedos!! Agardamos que pasases un día fantástico. Parabéns amiga!!