mércores, 30 de abril de 2014

Lucía xa ten 4!!

Antes de marcharmos de vacacións, celebramos o cumple da nosa amiga Lucía. A súa nai, preparounos unha deliciosa tarta cheíña de chocolate e lacasitos!! Que riquísima estaba!!

luns, 7 de abril de 2014

Hoxe comemos... Millo!!


Tal cal pitiños, hoxe comemos millo.. Houbo quen comeu moito como o polo Pepe  e quen comeu como un verdadeiro pitiño!! Aquí vos deixamos as fotos da degustación...




venres, 4 de abril de 2014

Biquiños para Miguel!!

O noso compi Miguel, sufriu un accidente accidentado no cole ;(
Como estos días non vén, mandámoslle miiles de biquiños curativos e un superabrazo colectivo!! Volve axiña que te estranamos!!

mércores, 2 de abril de 2014

Xema, clara e casca...

Onte abrimos os ovos que tiñamos para ver como eran por dentro... Quedamos sorprendid@s dos seus tamaños... O de oca era enoooorme e parecía un melocotón en almibre e o de codorniz unha gominola :)
Estudamos os seus tamaños cores e relacionamos as cascas dependendo do tamaño. Foi divertidísimo!!