xoves, 8 de maio de 2014

Ovos azuis...


A nosa amiga Raquel trouxo ao cole unha cousa que case ningún de nós vira antes...Un niño con ovos azuis!!
Non eran ovos como os que coñecemos,eran pequeniños e azuis, empezamos a falar como poderían ser os paxaros que había dentro... azuis claro, de plumas de cores como os pavos reais, curuxas azuis, paxaros robot, pazaros con aás azuis e corpo de robot, demasiada ciencia ficción para un oviños tan pequenos...Necestabamos a axuda dun experto e a profe foi falar co profe Suso, que é o que máis sabe de natureza do mundo enteiro!!... Resulta que eses ovos eran de merla, unha especie moi común na nosa terra, pero tamén nos dixo que os niños non deben collerse, porque despois as mamás paxaro xa non queren os seus oviños. 
Aínda que nos gustou moito ver un niño en directo, tamén aprendemos que hai q respectar a casiña dos animais que nos rodean.
Biquiños curuxeiros!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario