mércores, 13 de maio de 2015
Sharay xa ten 5!!
Sharay xa ten 5 anos e celebrámolo a tope!! Levamos unha semana ben festeira!! Como nos gusta a troula e o biscoito!! Grazas amiga por a supercelebración!!
martes, 12 de maio de 2015
Correlingua 2015
Hoxe celebramos o noso segundo Correlingua. A semana pasada xa nos preparamos para o evento quitando fotos con palabras que eliximos en galego, palabras que nos gustaban, que nos soaban ben... porque o galego mola, é noso e temos que coidalo como un gran tesouro.
Esta mañá puxemos rumbo a Tomiño donde se celebraba a festa do galego... Bailamos ao son do grupo "Sacha na horta" que nos animou coas súas divertidas cancións, pasámolo fenomenal!
domingo, 10 de maio de 2015
Lorena e Raquel
Como se dúas xemelgas se tratase, as nosas amigüiñas Raquel e Lorena sopraron as candeas xuntiñas. Compartiron connosco unhas deliciosas tortas de amorodos riquisímassss... Parabéns mozas!! Seguro que foi un cumple dobremente divertido!!
martes, 5 de maio de 2015
Breixo xa ten 5!!
O noso compi Breixo xa ten 5 anos!! E como nos gusta tanto comer, demos conta dunha deliciosa coca con un rico sabor a canela...Ummmm!! E iso que xa comeramos madalenas!! Esperamos que pasases un día a xenial!! Parabéns amigo!!
xoves, 16 de abril de 2015
PAULA
O cumple de Paula foi en febreiro, pero xusto ese día estropeouse a aplicacion para o blogue e a curuxa estivo sen poder usar o blogue todo este tempo. Paula cumpliu 5 e celebrouno con todos nos cunha tarta de lacasitos!! Paula, a curuxa pideche perdón por non por antes as tuas fotiños...
Lucía xa ten 5!!
A nosa compi Lucía xa ten 5 aniños, e celebrámolo cunha tarta superchocolatada q nos encantou!! Desfruta do teu día compi!!
Desculpas...
Estes últimos meses a curuxa estivo moi ocupada e coa tablet estropeada, por eso non había publicacións. Pídovos desculpas e volvemos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























