O momento do autobús sempre nos encanta, imos emocionad@s... E despois, mentras non saía a carreira, xogamos e merendamos no parque o biscoito do cumple de Sharay.
Alí, na área panorámica, nun poirento chan e un sol que arreciaba, preparábanos para o espectáculo. Escoitamos palabras en defensa da nosa lingua, porque sen dúbida, temos un tesouro que non debemos deixar no esquecemento, por eso o eslogan de este ano era "Galego, o paso adiante"
Unhas rapazas do Ies de Salvaterra, bailáronnos unha peza tradicional e despois cheguo a música, rock en galego moi, moi divertida, que nos fixo bailar sen parar,... Ata Maruxa, que foi con nós, bailou!!!
Sen dúbida, pasámolo moi ben e puxemos unha pequena miguiña para que respectemos e acariñemos o Galego como a nosa lingua. premede no enlace e veredes que ben o pasamos!!
