mércores, 8 de outubro de 2014

Cores de outono...

Hoxe pintamos cos pinceis novos unha paixase ou o que quixeramos sobre o outono. Previamente estivemos vendo obras de pintores famosos como Arcimboldo, que nos chamou moito a atención de como pinta utilizando só froitos de outono, publicámolo tamén para que descubrades con nós todas as froitas. Despois eliximos as cores que pensabamos que estaban presentes nesta estación, e puxémonos mans á obra. Cando estén secos, decidimos facer unha exposición no corredor; xa eliximos o nome do museo "Museo de arte de Randufe" Xa vos invitaremos a visitalo. Agora deixámosvos un video de como empezamos a pintar. Sairon cousas moi bonitas: Ourizos de cores, vento de outono,un tractor para vendimar, castañas,  landras e ata algún dinosaurio que se colou nas nosas ensoñacións otoñais :)




http://2.bp.blogspot.com/-u0TExPP99Aw/T2i3k4hB1LI/AAAAAAAAAQ0/3-qp59tN55Y/s1600/ARCIMBOLDO.jpg










Ningún comentario:

Publicar un comentario