mércores, 29 de outubro de 2014
Miguel xa ten 4!!
Como a el lle gusta dicir " nuestro viejo amigo" estivo de cumple. Trouxo unha tarta que como el moi ben nos explicou, era unha tarta familar, porque tod@s traballaron a reo para conseguir unha auténtica obra de arte, a aínda por riba de bonita, estaba deliciosa!! Moitas felicidades compi!!
As nosas caveiras
Hoxe inagurouse a exposición de cabazas decoradas de Samaín, que se chaman caveiras...
Deixámosvos unhas fotiños das nosas creacións. Grazas a todas as familias por colaborar 😊
Este Samaín estamos aprendendo unha canción, aquí tedes o video.
Caveiras Samaín
Deixámosvos unhas fotiños das nosas creacións. Grazas a todas as familias por colaborar 😊
Este Samaín estamos aprendendo unha canción, aquí tedes o video.
Caveiras Samaín
sábado, 25 de outubro de 2014
Alto do coello
Aquí vos deixamos unha reportaxe da saída de onte. Premede enriba do enlace para visualizalo. Boa fin de semana!! E se queredes podedes comentar, este tamén é un espazo de comunicación coa escola!!

Alto do coello
Alto do coello
venres, 24 de outubro de 2014
Cogomelos!!!
Estamos a tope cos cogomelos!! Estamos aprendendo moito deste froito de outono, e falamos case a diario dos seus tipos buscandoós no libro que trouxo a profe. Lepiotas, macrolepiotas, cantarelas, rúsulas e a perigosa amanita entre moitas outras. Hai tantas familias!! Pero tamén sabemos que hai que ser todo un experto ou experta para recollelas e comelas. Deixámosvos dous vídeos, un do proceso de elaboración dos nosos propios cogomelos e o outro do proceso de identificación e experimentación con este froito.
martes, 14 de outubro de 2014
Mural de outono...
Estés últimos días, estivemos traballando a tope co outono, que finalmente parece que chegou, xa que nos tiña un pouco despistados :)
Ao fin rematamos o noso mural de outono, convertímonos en paracaidistas otoñais!! A que é xenial!!
Estamos traballando outras cousiñas relacionadas coa estación, xa vos mostraremos estes dias todo o noso traballo. Saudiños!!
mércores, 8 de outubro de 2014
Cores de outono...
Hoxe pintamos cos pinceis novos unha paixase ou o que quixeramos sobre o outono. Previamente estivemos vendo obras de pintores famosos como Arcimboldo, que nos chamou moito a atención de como pinta utilizando só froitos de outono, publicámolo tamén para que descubrades con nós todas as froitas. Despois eliximos as cores que pensabamos que estaban presentes nesta estación, e puxémonos mans á obra. Cando estén secos, decidimos facer unha exposición no corredor; xa eliximos o nome do museo "Museo de arte de Randufe" Xa vos invitaremos a visitalo. Agora deixámosvos un video de como empezamos a pintar. Sairon cousas moi bonitas: Ourizos de cores, vento de outono,un tractor para vendimar, castañas, landras e ata algún dinosaurio que se colou nas nosas ensoñacións otoñais :)
martes, 7 de outubro de 2014
Anxo xa ten 4!!
Como crecemos!! Hoxe celebramos o cumple de Anxo, que xa é todo un mozo!! Comemos unha rosca de xema que fixo as nosas delicias😋😋
Parabéns amigo!!🎂🎉🎉
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




