mércores, 29 de outubro de 2014

Miguel xa ten 4!!

Como a el lle gusta dicir " nuestro viejo amigo" estivo de cumple. Trouxo unha tarta que como el moi ben nos explicou, era unha tarta familar, porque tod@s traballaron a reo para conseguir unha auténtica obra de arte, a aínda por riba de bonita, estaba deliciosa!!  Moitas felicidades compi!!




As nosas caveiras

Hoxe inagurouse a exposición de cabazas decoradas de Samaín, que se chaman caveiras...
Deixámosvos unhas fotiños das nosas creacións. Grazas a todas as familias por colaborar 😊
Este Samaín estamos aprendendo unha canción, aquí tedes o video.

Caveiras Samaín













sábado, 25 de outubro de 2014

Alto do coello

Aquí vos deixamos unha reportaxe da saída de onte. Premede enriba do enlace para visualizalo. Boa fin de semana!! E se queredes podedes comentar, este tamén é un espazo de comunicación coa escola!!


Alto do coello


venres, 24 de outubro de 2014

Cogomelos!!!

Estamos a tope cos cogomelos!! Estamos aprendendo moito deste froito de outono, e falamos case a diario dos seus tipos buscandoós no libro que trouxo a profe.  Lepiotas, macrolepiotas, cantarelas, rúsulas e a perigosa amanita entre moitas outras. Hai tantas familias!! Pero tamén sabemos que hai que ser todo un experto ou experta para recollelas e comelas. Deixámosvos dous vídeos, un do proceso de elaboración dos nosos propios cogomelos e o outro do proceso de identificación e experimentación con este froito.
 
 





martes, 14 de outubro de 2014

Mural de outono...

Estés últimos días, estivemos traballando a tope co outono, que finalmente parece que chegou, xa que nos tiña un pouco despistados :)
Ao fin rematamos o noso mural de outono, convertímonos en paracaidistas otoñais!! A que é xenial!!
Estamos traballando outras cousiñas relacionadas coa estación, xa vos mostraremos estes dias todo o noso traballo. Saudiños!!




mércores, 8 de outubro de 2014

Cores de outono...

Hoxe pintamos cos pinceis novos unha paixase ou o que quixeramos sobre o outono. Previamente estivemos vendo obras de pintores famosos como Arcimboldo, que nos chamou moito a atención de como pinta utilizando só froitos de outono, publicámolo tamén para que descubrades con nós todas as froitas. Despois eliximos as cores que pensabamos que estaban presentes nesta estación, e puxémonos mans á obra. Cando estén secos, decidimos facer unha exposición no corredor; xa eliximos o nome do museo "Museo de arte de Randufe" Xa vos invitaremos a visitalo. Agora deixámosvos un video de como empezamos a pintar. Sairon cousas moi bonitas: Ourizos de cores, vento de outono,un tractor para vendimar, castañas,  landras e ata algún dinosaurio que se colou nas nosas ensoñacións otoñais :)




https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5yCfF9V2XEnQDCpLLS-AdO9v-hD9PL0wASr9370zzkMc6Jpzy4cLA9vFhzRc8ryUO7Hj05SH8vWzkGsHv_TyTDK2HaCyZea1Yf6FYUBk9tcwcwZ8B9bHVpSFT1H64cGtrXIWa9IomWo4q/s1600/ARCIMBOLDO.jpg










martes, 7 de outubro de 2014

Anxo xa ten 4!!

Como crecemos!! Hoxe celebramos o cumple de Anxo, que xa é todo un mozo!! Comemos unha rosca de xema que fixo as nosas delicias😋😋
Parabéns amigo!!🎂🎉🎉