luns, 9 de febreiro de 2015

Chocolate suizo!!

Hoxe tivemos tamén un momento moi, moi doce... O noso compi íker foi a Suiza a visitar ao seu tío Fran, e alí lembrouse de nós... O primeiro que nos quixo traer foi un trailer cheo de neve, porque alí hai moita, moita, máis que na Cañiza como dixo algún compi ( jijijijij), pero claro, iso do trailer non era posible, entón trouxo algo que a tod@s nos chifla CHOCOLATE!! auténtico chocolate suizo para compartir con tod@s nós. Grazas compi!!






Entroido, día 1...

Hoxe, para non enoxar á Meca Manola, tivemos que vir todos e todas ben disfrazad@s. A verdade pasamos unha mañá moi divertida cheiña de momentos moi festexeiros. Deixámosvos unha foto de grupo para que vexades o  guapisim@s que estabamos... Mañá máis!!

mércores, 4 de febreiro de 2015

Mellórate amiguiña!!

A nosa amiguiña Paula non ven a clase estes días... O motivo é q a operaron dos oídos e ten que recuperarse na casa ata que se poña ben, a curuxa Maruxa está coidándoa como sempre fai cando algún neno ou nena da clase vai ao hospital. Mandámoslle milleiros de biquiños curativos e xa estamos desexando volver oir o teu riso contaxioso!! Recupérate compi e coida de Maruxa!!


Proxecto Picasso

Aqui vos deixamos o proceso de todo o q traballamos sobre Picasso. Pasámolo pipa e aprendemos un montón!!

luns, 12 de xaneiro de 2015

Cinco anos de Mara :)

Empeamos o ano cun aniversario!! hox Mara ten un ano máis e un dente menos!! Clar e que cando cumples 5, os dentes empezan a caer jijij!! Celebrámolo cunha deliciosa tarta q sabía a huesito... Non quedaron nin as migas 😋😋😋
Deixámosvos unhas fotiños do evento, bicos!!






venres, 19 de decembro de 2014

Unha visita especial

Hoxe tivemos unhs visita superrr!! Un axudante de papa noel viu visitarnos... Traíanos uns agasallos para compartir con nós, fíxonos moita ilusión a súa visita 😃
Aproveito para felicitarvos as festas, esperando que o novo ano veña cargadiño de todo aquilo que desexedes e coidado!! As veces os soños fanse realidade... Moitos bicos agarimosos da curuxa Maruxa.





























































luns, 15 de decembro de 2014

O santo de Lucía

Lucía tiña moitas ganas de compartir un pastel cos seus compis, por iso aproveitou que era o se santo para facelo. Comemos un delicioso biscoito que fixo coa súa nai. Estaba incriblemente delicioso!! Esperamos que pasases un gran día!! Merécelo!!