xoves, 16 de abril de 2015
PAULA
O cumple de Paula foi en febreiro, pero xusto ese día estropeouse a aplicacion para o blogue e a curuxa estivo sen poder usar o blogue todo este tempo. Paula cumpliu 5 e celebrouno con todos nos cunha tarta de lacasitos!! Paula, a curuxa pideche perdón por non por antes as tuas fotiños...
Lucía xa ten 5!!
A nosa compi Lucía xa ten 5 aniños, e celebrámolo cunha tarta superchocolatada q nos encantou!! Desfruta do teu día compi!!
Desculpas...
Estes últimos meses a curuxa estivo moi ocupada e coa tablet estropeada, por eso non había publicacións. Pídovos desculpas e volvemos!!
luns, 9 de febreiro de 2015
Chocolate suizo!!
Hoxe tivemos tamén un momento moi, moi doce... O noso compi íker foi a Suiza a visitar ao seu tío Fran, e alí lembrouse de nós... O primeiro que nos quixo traer foi un trailer cheo de neve, porque alí hai moita, moita, máis que na Cañiza como dixo algún compi ( jijijijij), pero claro, iso do trailer non era posible, entón trouxo algo que a tod@s nos chifla CHOCOLATE!! auténtico chocolate suizo para compartir con tod@s nós. Grazas compi!!
Entroido, día 1...
Hoxe, para non enoxar á Meca Manola, tivemos que vir todos e todas ben disfrazad@s. A verdade pasamos unha mañá moi divertida cheiña de momentos moi festexeiros. Deixámosvos unha foto de grupo para que vexades o guapisim@s que estabamos... Mañá máis!!
mércores, 4 de febreiro de 2015
Mellórate amiguiña!!
A nosa amiguiña Paula non ven a clase estes días... O motivo é q a operaron dos oídos e ten que recuperarse na casa ata que se poña ben, a curuxa Maruxa está coidándoa como sempre fai cando algún neno ou nena da clase vai ao hospital. Mandámoslle milleiros de biquiños curativos e xa estamos desexando volver oir o teu riso contaxioso!! Recupérate compi e coida de Maruxa!!
Proxecto Picasso
Aqui vos deixamos o proceso de todo o q traballamos sobre Picasso. Pasámolo pipa e aprendemos un montón!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















